Alfonso Hermida, padriño da II Gala do Deporte Municipal de Vilalba
O xornalista deportivo Alfonso Hermida será o padriño da II Gala do Deporte Municipal que o Concello prepara para o venres 8 de decembro 2017, a partir das doce do mediodía, no auditorio municipal Carmen Estévez.
Consolídase así a iniciativa do departamento de Deportes co obxectivo de premiar a deportistas, técnicos, entidades deportivas e figuras importantes na labor de fomento/promoción do deporte e da actividade física na nosa localidade durante a tempada 2016/2017.
Ao finalizar o acto celebrarase unha comida de confraternización entre clubs e asociacións durante a que se fará entrega dun detalle de recoñecemento ao seu labor.
Candidaturas
O prazo de presentación de solicitudes para optar os distintos premios a proposta previa dos diferentes clubs, entidades ou institucións pecha o 17 de novembro.