Alfonso Villares urxe solucións para Alcoa

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, califica de “alarmante e inquietante” a información que a empresa lles fixo chegar no día de hoxe aos traballadores, anunciando que continúa cos pasos anunciados para o despedimento colectivo na planta de aluminio.
18 Xuño 2020

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, califica de “alarmante e inquietante” a información que a empresa lles fixo chegar no día de hoxe aos traballadores, anunciando que continúa cos pasos anunciados para o despedimento colectivo na planta de aluminio.

Villares cre que o tempo está a xogar na nosa contra, pero insiste en que aínda se poden activar eses mecanismos cruciais para que a produción do aluminio da nosa Comarca sexa viable; de tal xeito que “unha vez máis pedímoslle encarecidamente ao Goberno central que convoque urxentemente a poxa de interrumpibilidade con bloques de 90 megavatios”, que son os únicos que lle poden interesar á nosa empresa do aluminio; e que saían a poxa ata o primeiro semestre do ano 2018; mentres que na última só estiveron dispoñibles os bloques de 5 MW o que supuxo un recorte substancial dos incentivos anuais, resalta.

Ademais, tal e como vimos demandando desde fai dous anos o Comité de empresa e as diferentes administracións, e tal e como acordamos todos na reunión mantida onte co presidente da Xunta en Santiago, é fundamental que o Goberno aprobe ese estatuto incluíndo as alegacións presentadas polo propio Comité e por Galicia, Asturias e Cantabria.

O rexedor cervense argumenta que tan só se se dan ese pasos saberemos as verdadeiras intencións de Alcoa, pero esta claro que tomar estas medidas é o prioritario e urxente “para garantir a viabilidade da nosa industria, para garantir o futuro da nosa Comarca á que lle deben 70 millóns de euros que proviñan do Estado ano tras ano para minimizar o custo da enerxía”; sen esas medidas –engade- “a nosa fábrica está condenada a morrer”.

0.19687485694885