Alfoz adhírese ao Programa de Vivendas Baleiras
TerraChaXa | AMariñaXa
O concello de Alfoz ven de adherirse ó Programa de Vivendas baleiras que permitrá destinar vivendas sen habitantes de propiedade pública ou privada ó alugueiro social por parte de familias con menor dispoñibilidade de recursos.
5 Abr 2019
O concello de Alfoz ven de adherirse ó Programa de Vivendas baleiras que permitrá destinar vivendas sen habitantes de propiedade pública ou privada ó alugueiro social por parte de familias con menor dispoñibilidade de recursos. As vivendas que se incorporen a este programa terán asegurado e sen custe para os propietarios un seguro multirrisco do fogar, polo que quedarán cubertos todos aqueles danos sufridos pola vivenda durante a vixencia do arrendamento e un seguro da garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas e a asistencia da renda nas mensualidades impagadas e a asistencia e defensa xurídica dos arrendadores nos procesos de desafiuzamento ou reclamacións de cantidade por impago de rendas. A garantía do cobro das rendas impagadas non poderá superar o período máximo de doce mensualidades. Estas coberturas serán efectivas durante o tempo en que as vivendas permanezan arrendadas ao abeiro deste programa.
Os particulares que desexen poñer unha vivenda a disposición do Programa de Vivendas Baleiras deberán comunicalo ao concello para que este propoña a súa adhesión ao programa, sempre que estean libres de cargas que impidan o seu arrendamento, ser conformes coa lexislación que lle sexa de aplicación, incluída a urbanística, estar desocupadas e ser susceptibles de uso, cando menos, desde o momento da solicitude de incorporación ao programa.
Os particulares que desexen poñer unha vivenda a disposición do Programa de Vivendas Baleiras deberán comunicalo ao concello para que este propoña a súa adhesión ao programa, sempre que estean libres de cargas que impidan o seu arrendamento, ser conformes coa lexislación que lle sexa de aplicación, incluída a urbanística, estar desocupadas e ser susceptibles de uso, cando menos, desde o momento da solicitude de incorporación ao programa.
Os concellos tamén proporán o procedemento de selección de arrendatarios e de adxudicación de vivendas respectando, en todo caso, os requisitos e prioridades sinalados no convenio do programa.
Os demandantes de vivendas incorporadas ao Programa de Vivendas Baleiras deberán atoparse nunha situación persoal ou familiar que supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda de alugueiro no mesmo municipio, acreditar a percepción duns ingresos mínimos ou de axudas, públicas ou privadas, que lles permitan facer fronte ás obrigas económicas que deriven do contrato de arrendamento, pon ter parentesco por vínculo de matrimonio ou outra relación estable análoga, por consanguinidade ou adopción, ata segundo grado, coas persoas arrendadoras. Este mesmo criterio aplicarase á relación entre a persoa arrendadora e a persoa arrendataria, cando a primeira sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios, das súas socias ou partícipes.