Alfoz está a traballar na elaboración do Plan de Acción para o Clima

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Alfoz está a traballar na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES).
8264dest
20 Ago 2020

O Concello de Alfoz está a traballar na elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES).

Este Plan nace no seo do Pacto das Alcaldías, un movemento a nivel europeo no que participan as autoridades locais e rexionais que asumiron o compromiso voluntario de mellorar a eficiencia enerxética, empregar fontes de enerxía renovables nos seus territorios e reducir as emisións de CO2.

Hai que ter en conta que os gobernos locais desempeñan un papel decisivo á hora de atenuar os efectos do cambio climático, xa que o 80% do consumo enerxético e as emisións de CO2 están asociadas coa actividade urbana.

Trala Declaración de Emerxencia climática e Ambiental en España, o Concello de Alfoz súmase tamén a desenvolver liñas de acción que fagan fronte á crise climática e aproveitar os beneficios sociais e económicos que ofrece a transición ecolóxica para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.

0.089914798736572