Alfoz ven de preparar o Campamento Urbano e o Cole de Verán
TerraChaXa | AMariñaXa
5 Xul 2019
O Concello de Alfoz ven de preparar o seu Campamento Urbano de verán para os máis pequenos, no que de luns a venres do 17 de xullo ao 14 de agosto realizarán obradoiros creativos os luns, mércores e venres de 11:30 a 13:00 e actividades deportivas os martes e xoves de 10 a 13 horas.
Os mércores e venres será o Cole de verán de 10 a 11:15 horas na que realizarán actividades de atención e concentración, tarefas de lectura, escritura, comprensión lectora, cálculo, razoamento lóxico e moitas máis actividades.
O material didáctico pode aportalo cada quen ou tamén será facilitado polos monitores.
Os nenos que participen no Cole e no Campamento poderán levar algo para xantar se o precisan.