Alfoz xa ten gañadores dos concursos de fotografía e debuxo

TerraChaXa | AMariñaXa
Alfoz xa ten gañadores dos concursos de fotografía e debuxo. Todas as fotografías formarán parte da exposición Alfoz no outono
19 Dec 2020

O Concello de Alfoz xa ten o resultado dos dous concursos celebrados nas últimas datas, o de fotografía e o de debuxo infantil.

A fotografía gañadora do I Concurso de fotografía Alfoz no outono  foi Mar de néboa, de Miguel Paz Sixto, que recibirá 300 euros. O segundo, de 200€ foi para A la luz de la luna, de Bruno Fernández Pereira. Finalmente, o 3º premio, 150 euros, foi para  A ponte antiga, de Manuel López Méndez.

Participaron 27 fotógrafos afeccionados que presentaron un total de 51 fotografías a concurso.

O xurado, composto por Santiago Otero de Vossaphotography; Jorge Val, alcalde de Alfoz, e Marisa Goás, concelleira de Cultura non o tivo nada fácil para elixir as 3 fotografías gañadoras. "O noso agradecemento e a nosa noraboa a todos eles pola calidade e orixinalidade das obras", dixeron.

Mar de néboa será o fondo da felicitación de Nadal do Concello de Alfoz.

Todas as fotografías formarán parte da exposición Alfoz no outono que se poderá visitar no Castelo de Castro de Ouro a partir do 27 de decembro, sábados, domingos e festivos de 12.00h a 20.00h.

CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL

Hoxe, ao rematar o teatro de monicreques O Apalpador e a nena sen medo, entregaranse os premios do XVIII Concurso de postais de Nadal de 2020. As postais premiadas foron en educación Iinfantil Tomé Fanego Otero (3 anos), en primaria Celia Fernández Fernández (11 anos) e en secundaria Lidia Expósito Goás (13 anos).

0.16158986091614