Alumnado do IES Lois Peña Novo organiza o martes unha camiñada no Día das Persoas con Discapacidade

TerraChaXa
Baixo o nome de Camiñata pola inclusión, esta iniciativa ten como obxectivo fomentar un espazo de participación e convivencia
sendeirismo-andaina
1 Dec 2024

O alumnado de 2º curso do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia do IES Lois Peña Novo de Vilalba organiza unha actividade con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Baixo o nome de Camiñata pola inclusión, esta iniciativa ten como obxectivo fomentar un espazo de participación e convivencia que permita concienciar sobre a importancia da inclusión e o respecto polas diferenzas individuais de cada persoa.

A cita terá lugar o martes 3 de decembro, e discorrerá desde a fonte da praia da Magdalena ata o Muíño do Rañego, en Vilalba. O horario será de 11:00 h a 12:30 h. Non é preciso levar nada especial, só roupa cómoda, ganas de participar e un paraugas no caso de choiva.

0.11792302131653