Alumnos de Lugo participan na Pastoriza na clausura do proxecto Gústame o meu río

LugoXa | TerraChaXa
300 nenos e nenas das provincias de Lugo, Ourense, Pontevedra e León expoñen, durante dous días, as creatividades realizadas durante este curso
alumnos-pastoriza-centro-fonmina
Os rapaces no acto de clausura do acto na Pastoriza
12 Jun 2024

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, celebrou o fin de actividades de educación ambiental cos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEP Menéndez Pidal de Bembibre e CEIP Menéndez Pelayo e CEIP Anexa de Lugo; participantes en proxecto Gústame o meu río, ensíname a coidalo, do curso escolar 2023-2024.

O acto foi celebrado no Centro de Interpretación do Alto Miño, construído pola CHMS nun lugar tan emblemático como é A Lagoa de Fonmiñá e que foi entregado ao Concello da Pastoriza en 2023, e unha vez dotado de contido hoxe foi inaugurado polo alcalde actual Darío Cabaneiro, acompañado polo rexedor anterior, Primitivo Iglesias, polo presidente do organismo de conca, José Antonio Quiroga e polos escolares presentes, como mellores testemuñas deste acto.

“Este centro, financiado pola CHMS, foi entregado ao Concello para o seu uso como lugar de referencia, situado nun enclave privilexiado a través do que se divulgarán os valores dos ríos da demarcación Miño-Sil e dos ecosistemas asociados que os circundan” explicou Quiroga

“Hoxe realizamos aquí as actividades por ser o mellor lugar para poñer en valor o aprendido e dar contido a unha infraestrutura que se xestou coa única idea de poñela ao servizo do cidadán, sobre todo da comunidade educativa, explicou o presidente; e que sen dúbida será o centro de referencia que naceu co obxectivo, por unha banda, de lugar de contemplación da Charca Fonmiñana e a súa contorna e, por outra banda, para ser unha edificación “barreira” con respecto da estrada inmediata que percorre este espazo en todo o seu linde e que axuda a crear un espazo natural amable, funcional e máis tranquilo” engadiu Quiroga.

O proxecto Gústame o meu río

300 nenos e nenas das provincias de Lugo, Ourense, Pontevedra e León expoñen, durante 2 días, as creatividades realizadas aos compañeiros que tamén participaron nas actividades durante este curso. O proxecto iniciouse en 2018 e xa chegou a máis de 1600 alumnos de toda a demarcación hidrográfica.

A clave é aproximar aos escolares ao río e ao medio natural que os rodea e realizar actividades didácticas, menos formais, distendidas e divertidas co interese de aumentar coñecemento e respecto sobre as diferentes especies de fauna e flora dos ecosistemas fluviais máis próximos ás súas cidades e pobos.

“A auga é un recurso fundamental e escaso para os seres vivos, no que debedes implicarvos por ser de vital importancia en todos os ámbitos da vida, sen auga non hai progreso, o que nos dá a clave para afirmar que a sustentabilidade é a base de todo" incidiu o presidente.

O acto de posta en común desenvolveuse na Lagoa de Fonmiñá, moi próximo ao Pedrega de Irimia, dous puntos crave no nacemento do río Miño e entre exposicións dos traballos realizados, houbo tempo para condecorar cos seus correspondentes carné aos mellores gardarríos, ademais dunha visita guiada á exposición e maquetas situadas no Centro de Interpretación.

Para terminar realizouse tamén un agradable paseo ao redor da pequena lagoa de 350 m2, de orixe Kárstico, onde emerxen as augas subterráneas de mananciais que descenden da montaña, aflorando á superficie; ao conxunto escultórico dedicado ao “Deus Breogán”, feito por Magín Picallo e Manuel Mallo en 1969, onde se realizou unha yincana sobre o aprendido e interactuouse entre os distintos centros escolares cunha picnic campestre baixo unha carpas que deixaban ver o lugar emblemático e simbólico do amplo humidal de Fonmiñá.

“Desde a CHMS apostamos pola educación ambiental e por accións que valoricen o patrimonio ambiental e paisaxístico da demarcación, que conviden a vivir para os ríos, sendo conscientes de que o coñecemento é a clave para o respecto e coidado dos recursos naturais, a mellor herdanza de futuro” concluíu Quiroga.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18293190002441