Alumnos do Castro da Uz das Pontes reciben un premio no programa Eduemprende

TerraChaXa
O CIFP Politécnico de Santiago de Compostela acolleu a cerimonia de clausura e entrega de premios do concurso Atrévete a ter unha idea.
castro uz alumnos eduemprende
27 Xuño 2022

O CIFP Politécnico de Santiago de Compostela acolleu a cerimonia de clausura e entrega de premios do concurso Atrévete a ter unha idea 2022 do programa Eduemprende proposto pola Consellería de Educación para o fomento do Emprendemento.

O IES Plurilingüe Castro da Uz participou neste programa por sexto ano consecutivo. Nesta ocasión o alumnado de 2º de ESO foi galardoado cunha experiencia nun parque de aventuras na natureza polo seu innovador proxecto Gloverside Park,  que consiste na xestión sostible dun espazo natural.

Así mesmo, os alumnos do centro Xoel Alonso, Manuel Barro e Aitaza Cazás de 1º de ESO foron galardoados cunha tablet para cada un polas súas boas ideas emprendedoras.

O colexio manifestou o seu agradecemento pola colaboración e participación da asociación de empresarios SEARA neste proxecto, e á profesora de Tecnoloxía Rebeca Gómez "pola súa implicación".

Como centro receptor do programa Atrévete reciben aos cursos de 6º de Primaria do CEIP a Magdalena e CEIP A Fraga en diferentes xornadas nas que participaron empresarios da comarca  que contaron as súas experiencias.

0.10587906837463