Alumnos do CIFP Ferrolterra poderán realizar prácticas nas Pontes
Estudantes da FP dual do CIFP Ferrolterra Deseño e Amoblamento poderán realizar agora as súas prácticas nas Pontes a través da empresa Adera (Severiano Artesanía), ubicada nas Pontes.
Deste modo a empresa pontesa conta con 4 vacantes que poden ser unha oportunidade de formación para a xente da comarca.
O ciclo formativo consta de 12 vacantes a repartir entre Adera (4), Cándido Hermida (4) e Noa Madera Creativa, (4), as outras en Narón e Fene.
Os alumnos no período setembro-marzo asistirán ás clases nas instalacións en Ferrol no CIFP Ferrolterra, clases teórico prácticas. No período marzo-agosto os alumnos serán dados de alta na Seguridade Social e cunha remuneración de 500 euros mensuais, cotizando na súa vida laboral comezarán as súas prácticas. Así será durante dous cursos escolares.
A prescrición empeza o día 23 de xuño ata o día 5 de xullo, sendo esta en liña. A selección realizarase a cargo das 3 empresas no CIFP no período do 11 ao 14 de xullo.
Segundo indican dende a empresa, "unha vez finalizado o ciclo pode supoñer a alta na empresa supoñendo unha incorporación ao mercado laboral importante, está a resultar un éxito, cunha taxa de inserción do 90% no mercado de traballo".