Alumnos do IES Terra Chá visitan o centro de coordinación contra incendios forestais
O Centro de Coordinación Central (CCC) de Defensa contra os Incendios Forestais, situado en Santiago de Compostela, recibiu a visita dos alumnos do ciclo de grao superior de Xestión Forestal e do Medio Natural do IES Terra Chá, en Castro de Rei. O alumnado foi benvido polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez.
Durante o seu percorrido polas instalacións do centro, Manuel Rodríguez explicoulles que o CCC é o eixo central da estrutura organizativa da loita contra os lumes na comunidade. Esta rede autonómica está conformada por tres niveis nos que tamén se inclúen os Centros de Coordinación Provinciais e os Centro de Coordinación de Distrito. O alumnado tamén puido coñecer as diferentes aplicacións informáticas que se empregan nas tarefas de loita contra os lumes.