Alumnos ponteses reciben o recoñecemento da Xunta en certames sobre emprendemento

TerraChaXa
Foron premiados o CEIP Plurilingüe A Fraga e o o IES Plurilingüe Castro da Uz
IES-CASTRO-DA-UZ-AS-PONTES
IES Castro da Uz
31 Ago 2024

Un total de 77 alumnos e alumnas de once centros de Primaria e Secundaria foron premiados no certame da Xunta Atréveche a ter unha idea, unha iniciativa que promove o emprendemento entre os escolares.

Entre eles atópase o CEIP Plurilingüe A Fraga das Pontes, recoñecido na modalidade grupal de Primaria co proxecto A gran central espacial, unha idea que propón reaproveitar as instalacións da antiga térmica do lugar.

Ademais, o IES Plurilingüe Castro da Uz obtivo o premio individual de Educación Secundaria con Túa expresión, unha iniciativa baseada nun espazo artístico multidisciplinar.

Este concurso da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional enmárcase no Plan Eduemprende e busca fomentar as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento, que estimulen o espírito crítico, proactivo e colaborativo entre o alumnado. O programa inclúe visitas a asociacións de empresarios e centros de FP.

0.17818284034729