Álvare celebra as súas festas patronais o 1 e 2 de xuño
TerraChaXa
A parroquia de Álvare, na Pastoriza, celebra a primeira fin de semana de xuño as súas festas patronais na honra á Virxe das Dores.
29 Maio 2019
A parroquia de Álvare, na Pastoriza, celebra a primeira fin de semana de xuño as súas festas patronais na honra á Virxe das Dores.
Os actos darán comezo o sábado 1, ás 13.30 horas coa celebración da misa solemne seguida de procesión e sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Venecia. Este mismo conxunto encargarase da verbena xunto a Ritmo Joven.
O domingo tamén haberá misa solemne, pero ás 14.00 horas e procesión. A sesión vermú que porá o punto e final á festa estará a cargo do trío Maracuyá.
A organización explica que o campo da festa estará cuberto con carpa.