Alvariño remata campión de España absoluto e Castro competirá en Tokio mañá
O seteiro pontés Miguel Alvariño proclamouse esta fin de semana campión de España absoluto de tiro con arco. Gañou o round con 678 puntos e nas semifinais e final por un contundente 6/0. A segunda posición foi para Yun Sánchez e o bronce foi para José Manuel Soleira. Finalmente, a cuarta praza ocupouna Ken Sánchez, mentres que Pablo Acha quedou eliminado nos cuartos de final.
O seteiro estreou para esta competición arco, para solventar os problemas sufridos nos últimos meses e pasa agora a utilizar a marca americana Hoyt.
Mentres tanto, en Tokio, o tamén pontés Dani Castro, que representa a España nos xogos olímpicos, non logrou clasificarse para a competición por equipos mixtos, ao rematar no posto 21.
Castro obtivo a posición 44 con 650 puntos e, xunto coa súa parella, Inés de Velasco (que obtivo a posición 48 con 628 puntos) quedaron no posto 21, a 19 puntos da 16 praza, que daba dereito a entrar na rolda.
Por iso só lles queda a opción de facelo de forma individual. Dani Castro terá a súa oportunidade mañá, ás 11.30 da mañá.