Álvaro Santos, candidato á secretaría xeral do PSdeG-PSOE provincial
O socialista Álvaro Santos postúlase como candidato á secretaria xeral do PSdeG-PSOE da provincia.
Así o comunicaba o deputado de Relacións Institucións na Deputación Provincial e o voceiro da agrupación local de Friol ante a celebración das primarias en Lugo o vindeiro 3 de decembro que darán paso ao Congreso Provincial que se celebrará o 22 do mesmo mes.
Precisamente foi á agrupación local á que lle trasladaba a súa decisión en primeiro lugar para dirixirse despois aos compañeiros e compañeiras da provincia aos que trasladaba o seu “compromiso e lealdade” cos que traballan na Mariña, a comarca de Chantada, en Lemos, na Montaña, na Terra Chá ou na comarca de Lugo ou de Sarria.
A candidatura de Santos Ramos está baseada no “compromiso cos valores do partido e cunha sociedade que necesita resposta s e novos proxectos cos que superar retos. E iso quen mellor pode facelo é o Partido Socialista a través do traballo”.
Santos Ramos cre que con “compromiso, lealdade e traballo seremos capaces de sumar esforzos necesarios para que o partido sexa un referente na provincia e para que a súa cidadanía teña un futuro de esperanza e esplendor”.
Encontro coa agrupación local de Guitiriz
Tralo seu anuncio, xa mantiña encontros con algunhas agrupacións locais coma a de Guitiriz e tamén coas Xuventudes Socialistas deste municipio aos que trasladaba a súa palabra de que as Xuventudes da provincia “terán á súa disposición os medios para traballar máis mellor a través dun representante propio na Executiva”.