Amas de Casa de Bretoña organiza unha viaxe para o domingo 14

TerraChaXa
O prezo a pagar é de 45 euros para os que sexan socios e de 55 euros para os que non o sexan
Imaxe de Ponferrada
4 Sep 2025

A Asociación Amas de Casa de Bretoña, na Pastoriza, organiza para o domingo 14 de setembro, unha viaxe a Ponferrada e Molinaseca. A saída será ás 8.30 horas desde o Salón Parroquial de Bretoña.

O prezo a pagar é de 45 euros para os que sexan socios e de 55 euros para os que non o sexan. Está incluída a comida e a viaxe en autobús.

Todo aquel que queira asistir, ten ata o 5 de setembro para anotarse chamando ao teléfono 634 738 711.

 

⚙ Configurar cookies
0.090146064758301