Ameijide presenta aos gandeiros alternativas para paralizar a suba das taxas da Granxa Gayoso Castro

TerraChaXa | LugoXa
Deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo mantiveron hoxe unha xuntanza con asociacións, sindicatos agrarios así como gandeiros afectados pola suba das taxas do centro de recría público Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, que coa actualización dos custes aprobada por PSOE e BNG —o PP votou en contra desta brutal suba do 40%— pasou a ser máis custoso que os centros privados.
pp gandeiros granxa gayoso castro
6 Oct 2023

Deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo mantiveron hoxe unha xuntanza con asociacións, sindicatos agrarios así como gandeiros afectados pola suba das taxas do centro de recría público Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, que coa actualización dos custes aprobada por PSOE e BNG —o PP votou en contra desta brutal suba do 40%— pasou a ser máis custoso que os centros privados.

O voceiro popular Antonio Ameijide explica que nesta xuntanza acordamos poñer en marcha calquera iniciativa que “poña en valor a vital importancia do sector primario para a nosa provincia”. “Pero non imos quedar aquí, seguiremos realizando xuntanzas con calquera persoa afectada para poñernos a súa disposición”, recalcou.

Neste senso, dende o Grupo Provincial Popular seguirán a defender iniciativas na Deputación de Lugo “ata conseguir que PSOE e BNG recapaciten e se dean conta de que hai que dar marcha atrás a esa suba brutal que aprobaron no pleno de setembro e que situou ao centro de recría Gayoso Castro como un dos máis caros, con prezos superiores aos de centros privados”.

Durante esta xuntanza con gandeiros afectados por esta suba, os deputados populares explicaron que “enténdese” que unha empresa privada tente gañar diñeiro xa que é o seu obxectivo final, “ser o máis rendible posible”, ao que engadiron que “o que non se pode entender de ningún xeito é que a Deputación de Lugo, con José Tomé á cabeza, permite esta situación, dando un golpe moi duro ao sector primario da provincia, o principal motor económico de Lugo”.

Antonio Ameijide afirma que “o obxectivo é que dende o centro se ofreza aos gandeiro lucenses prezos competitivos no mercado de recría e que o servizo que se presta dende este centro público sexa un apoio real para o sector que atravesa momentos difíciles, apostando dende a institución provincial por iniciativas, a corto, medio e longo prazo, que sexan eficaces e que garantan o futuro do centro de recría”.

ALTERNATIVAS PARA BAIXAR AS TAXAS

Os deputados populares puxeron sobre a mesas tres alternativas que se poden tomar para baixar as taxas deste centro de recría público, ademais de escoitar as propostas realizadas polos propios gandeiros afectados.

A primeira medida pasaría por garantir o equilibro da concesión.

Outra das alternativas que se poden poñer en marcha é que a Deputación de Lugo debe de bonificar e asumir parte do incremento das tarifas para que a suba non supoña un prexuízo para os gandeiros tendo en conta eles tamén deben facer fronte ao incremento dos prezos (combustibles, materias primas, sementes, e demais subministracións) e á baixada dos prezos do leite en orixe.

“A Deputación, en parte, nútrese da participación dos tributos do estado, é por elo que ten máis ingresos que pode destinar a paliar sobrecustes coma este provocados pola inflación e porque o goberno central se nega a baixar impostos”, destacaron.

E a terceira vía plantexada polos deputados populares é a posta en marcha da planta de biogás, unha instalación finalizada no ano 2015, que nunca se chegou a poñer en funcionamento, e que tivo un custe de 1.450.000€.

Cando o goberno da Deputación anunciara esta planta de produción de enerxía, afirmaron que proporcionaría 300Kw de enerxía co tratamento de 32.000 metros cúbicos de xurros, estercos e residuos vexetais, o que permitiría que as instalacións, ademais de ser autosuficientes, tamén puideran producir excedentes de enerxía. Quedarían libres uns 2.000mw eléctricos anuais, o suficiente para abastecer 250 vivendas e aforrar 200.0000€ de luz ao ano, así como outros 1.700mw térmicos, o equivalente a 100.000€ de auga quente ou calefacción.

Antonio Ameijide resume a xestión do goberno provincial no centro de recría Gayoso Castro: “aos feitos nos remitimos para afirmar que a actuación dos diferentes gobernos de PSOE e BNG á fronte do centro de recría foron un fracaso absoluto e seguiremos a facer todo o que estea nas nosas mans para que os fracasos de PSOE e BNG non os paguen os gandeiros”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17357683181763