Amigos da Feira celebra o domingo a súa asemblea anual
A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei celebra este domingo, 17 de decembro, a súa asemblea anual, tal e como vén sucedendo todos os anos a finais de ano.
Durante esta reunión a directiva fará un balance do estado de contas e proxectos, así como dos plans previstos para o ano que comeza.
Dentro da orde do día figura tamén unha actualización da xunta directiva para finalizar cun tempo de rogos e preguntas.
A reunión terá lugar ás 18.00 horas no teleclub de Castro de Rei.
Por outra banda, o último domingo de feira de cada mes de 13:00 a 14:00 os membros da asociación están no local, situado no Campo da Feira de Castro de Rei, para o pago de cotas, a recollida de carnés e a realización de novas inscricións.
A cota anual para o 2023 mantense en 12 euros por persoa. En cumprimento cos estatutos, para manter a condición de socia/o no 2023 cobraranse as cotas atrasadas do 2022.
O pago poderá efectuarse en efectivo no acto ou realizando unha transferencia ou ingreso á conta da Asociación Amigos da Feira na Caixa Rural Galega, sendo necesario presentar un comprobante desta transacción.