Amigos da Feira celebra o domingo a súa asemblea anual

TerraChaXa
Amigos da Feira de Castro de Rei celebra este domingo, 18 de decembro, a súa asemblea anual, tal e como vén sucedendo todos os anos.
amigos da feira castro de rei logo portada
amigos da feira castro de rei logo portada
14 Dec 2022

A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei celebra este domingo, 18 de decembro, a súa asemblea anual, tal e como vén sucedendo todos os anos a finais de ano.

Durante esta reunión a directiva fará un balance do estado de contas e proxectos, así como dos plans previstos para o ano que comeza.

Dentro da orde do día figura tamén unha actualización da xunta directiva para finaliar cun tempo de rogos e preguntas.

A reunión terá lugar ás 18.00. horas no teleclub de Castro de Rei.

0.1448061466217