Amigos da Feira de Castro celebra o día 5 un magosto
A asociación Amigos da Feira de Castro de Rei celebrará o próximo 5 de novembro un magosto tradicional a partir das 22.00 horas no Polideportivo da localidade.
O menú consistirá en castañas, empanadas, lacón asado e panceta. Tamén habera algún sorteo e música.
A actividade terá un prezo para socios de 6 euros por persoa e de 12 para o resto. No caso dos nenos maiores de 10 anos, serán 6 euros, e para os máis pequenos gratis.
Esta actividade require inscrición previa. O prazo está aberto ata o 3 de novembro de forma presencial en varios establementos da localidade: supermercado Claudio Grueira, Germán Naval Lage e Librería Maduca. tamén pode enviarse un whatsApp ao número da asociación, 624 09 92 75 ou chamar ao 697 824 797 (Héctor) ou ao 697 287 266 (Adrián).
Será necesario dar nome, apelidos, número de persoas e teléfono. O cobro realizarase o propio día do evento.