Amigos da Feira de Castro de Rei celebra este domingo a súa tradicional Xornada Micolóxica

LugoXa | TerraChaXa
O programa abrirase cunha saída para a recollida de cogomelos desde o Campo da Feira de Castro de Rei
setas-micoloxica-xornada
20 Oct 2025

O domingo 26 de outubro a partir das 9.30 horas, haberá unha xornada micolóxica en Castro de Rei organizada polo colectivo Amigos da Feira.

O programa abrirase cunha saída para a recollida de cogomelos desde o Campo da Feira de Castro de Rei para rematar, ás 14.30 horas cun xantar na caseta do polbo, no campo da feira de Castro de Rei.

O menú consistirá en tosta de champiñóns, buñuelos de calabacín con cogomelos, fabas de Lourenzá con costela e cogomelos, sobremesa, bebida e café, e o seu prezo por persoa determinarase no propio evento.

A organización recomenda levar roupa e calzado cómodo e deportivo para a xornada.

Esta actividade require de inscrición previa. O 24 é o último día para anotarse e pode facerse en diferentes establecementos comerciais (Supermercado Claudio Grueira, Germán Naval Lage e Librería Maduca).

⚙ Configurar cookies
0.085186004638672