Amigos da Feira de Castro de Rei organiza unha excursión a Noia e ao Pazo de Santa Cruz de Rivadulla

LugoXa | TerraChaXa
O prazo de inscrición remata este domingo, 4 de maio
excursion-amigos-da-feira
3 May 2025

A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei organiza a súa excursión anual o vindeiro domingo 11 de maio, cunha saída que levará ás persoas participantes ata a vila mariñeira de Noia e ao emblemático Pazo de Santa Cruz de Rivadulla, recoñecido polos seus xardíns e camelias centenarias.

O programa da xornada comezará ás 08:30 h coa saída dende o Campo da Feira de Castro de Rei. Ás 11:00 h está prevista unha visita guiada pola vila de Noia, seguida dun tempo libre ás 13:00 horas para pasear pola súa feira tradicional. Ás 14:30 será a quenda do xantar nun restaurante da zona, antes de continuar ás 17:00 h coa visita ao Pazo de Santa Cruz de Rivadulla. O regreso está previsto para as 19:00 h.

As inscricións están abertas ata o domingo 4 de maio, ou ata esgotar as 55 prazas dispoñibles, que se asignarán por orde de anotación. Para participar, é preciso inscribirse en calquera dos seguintes establecementos Claudio Grueira, Germán Naval e Librería Maduca.

Ao inscribirse, deberase facilitar o nome completo, número de persoas, teléfono de contacto e posibles intolerancias alimentarias ou necesidades especiais.

Os prezos da actividade son de 45 euros para socios/as e 55 para non socios/as, e inclúen transporte, visitas guiadas e xantar. A organización recomenda levar roupa e calzado cómodo.

A actividade conta coa colaboración do Concello de Castro de Rei.

⚙ Configurar cookies
0.16863393783569