Amigos da Feira de Castro de Rei organiza unha viaxe a Arnao e Luarca

TerraChaXa | LugoXa
A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei organiza o domingo 14 de maio unha excursión ás minas de Arnao e á vila de Luarca.
LUARCA E ARNAO
1 Maio 2023

A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei organiza o domingo 14 de maio unha excursión ás minas de Arnao e á vila de Luarca.

A viaxe dará comezo ás 8.30 horas do campo da feira de Castro de Rei para chegar ás 11.00 horas ás minas, donde realizarán a visita ata as 14.15 horas, cando será o tempo do xantar.

Pola tarde realizarán unha visita guiada por Luarca para saír de regreso ás 19.00 horas.

A actividade terá un prezo para socios de 40 euros, que se incrementa en 5 euros para os non socios.

O prezo inclue transporte, guía, menú pechado con primeiro (pote de verzas), segundo (tenreira guisada con guisantes), sobremesa (tarta da avoa), café/infusión, pan e bebidas (viño da casa, gaseosa e auga) e entradas aos lugares da visita. Recoméndase levar roupa e calzado cómodo/deportivo para a xornada.

Hai 55 prazas para a viaxe, que se asignarán por orde de inscrición. O prazo límite para anotarse é ata o 7 de maio e pode facerse nos establecementos Supermercado Claudio Grueira, Germán Naval Lage e Librería Maduca ou enviando un WhatsApp ao número da asociación: 624 09 92 75. Tamén poden chamarse ao 697 82 47 97 (Héctor) ou ao 697 28 72 66 (Adrián).

0.20687079429626