Amigos da Feira de Castro de Rei realiza a ruta do Azúmara no seu 25 aniversario
A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei organiza o domingo 21 de maio a tradicional ruta do Azúmara facéndoo coincidir este ano coa última feira do mes de maio e o sorteo mensual da promoción Compra en Castro de Rei, así como a celebración do 25 Aniversario de Amigos da Feira.
A saída da ruta será ás 10.00. Os autobuses sairán do campo da feira de Castro de Rei cara ao Castro de Viladonga para iniciar o percorrido. A chegada á carballeira do Campo da Feira está prevista ás 12.30 horas, onde se fará un aperitivo, xusto antes do sorteo dos vales de compra.
Pola tarde, ás 16.00 horas está previsto o descubrimento da peza conmemorativa do 25 Aniversario de Amigos da Feira elaborada pola artista multidisciplinar local Carmen Cabaneiro na costa da Igrexa. Seguidamente haberá música e xogos tradicionais da man de Xotramu no Campo da Feira. Estas actividades trasladaranse ao Pavillón Polideportivo se chove.
Estas actividades non requiren inscrición previa. Recoméndase levar roupa e calzado cómodo/deportivo para a xornada.
Pola tarde realizarán unha visita guiada por Luarca para saír de regreso ás 19.00 horas.
A actividade terá un prezo para socios de 40 euros, que se incrementa en 5 euros para os non socios.
O prezo inclue transporte, guía, menú pechado con primeiro (pote de verzas), segundo (tenreira guisada con guisantes), sobremesa (tarta da avoa), café/infusión, pan e bebidas (viño da casa, gaseosa e auga) e entradas aos lugares da visita. Recoméndase levar roupa e calzado cómodo/deportivo para a xornada.
Hai 55 prazas para a viaxe, que se asignarán por orde de inscrición. O prazo límite para anotarse é ata o 7 de maio e pode facerse nos establecementos Supermercado Claudio Grueira, Germán Naval Lage e Librería Maduca ou enviando un WhatsApp ao número da asociación: 624 09 92 75. Tamén poden chamarse ao 697 82 47 97 (Héctor) ou ao 697 28 72 66 (Adrián).