Amigos da Feira en Castro organiza unha viaxe a Taramundi

TerraChaXa | LugoXa
O próximo domingo 27 de novembro a Asociación Amigos da Feira de Castro recupera a excursión anual, esta vez a Taramundi
amigos da feira taramundi
6 Nov 2022

O próximo domingo 27 de novembro a Asociación Amigos da Feira de Castro recupera a excursión anual, esta vez por distintos espazos do municipio asturiano de Taramundi, concretamente pola vila do mesmo nome, o Conxunto Etnográfico de Teixois, o Museo de La Cuchillería e unha queixería.

O itinerario é provisional e pode sufrir modificacións, pero ten previsto arrancar ás 10:00 desde o Campo da Feira. Comezará ás 11:00 coa visita á queixería Quesos de Taramundi e ao Museo de La Cuchillería. Ás 13:00 chegarán para a visita á vila de Taramundi, onde xantarán.

Visitarán o Conxunto Etnográfico de Teixois en dous grupos e teñen previsto o regreso ás 17:30, con parada nos Fornos da Pontenova.

A actividade terá un prezo para socias/os de 25€/persoa e de 30€/persoa para non socias/os. O prezo inclúe transporte, guía, menú pechado con primeiro (pote de grelos), segundo (tenreira guisada), sobremesa (arroz con leite), café/infusión, pan e bebidas (viño da casa, gaseosa e auga), entradas aos lugares da visita e seguro de viaxe.

Será obrigatorio levar unha máscara e recoméndase levar roupa e calzado cómodo/deportivo para a xornada.

Hai 50 prazas que se asignarán por orde de inscrición, que pode facerse ata o 20 de novembro nos establecementos Supermercado Claudio Grueira, Germán Naval Lage e Librería Maduca; ou enviando un WhatsApp ao número da asociación, 624 09 92 75, ou chamando ao 697 82 47 97 (Héctor) ou ao 697 28 72 66 (Adrián).

0.16793608665466