Amigos da Feira leva o cine na rúa a Castro de Rei con 'Valentina'

TerraChaXa | LugoXa
Este venres, 24 de xuño, Castro de Rei convertirase nunha sala de cine grazas á asociación Amigos da Feira e o programa Cinenarua.
cine na rua castro valentina portada
22 Xuño 2022

Este venres, 24 de xuño, Castro de Rei convertirase nunha sala de cine grazas á asociación Amigos da Feira e o programa Cinenarua para que as nenas e nenos gocen da proxección da película de animación Valentina.

Será ás 17.00 horas no Campo da Feira de Castro de Rei (no Teleclub se chove). A entrada é gratuíta ata completar aforo.

Valentina soña con ser trapecista e cre que por ter síndrome de Down non poderá conseguilo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións, asegúralle que, se as eirugas conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. E que nunca debemos perder a ilusión nin as ganas de aprender, as mesmas que ela pon, aínda á súa idade, no seu afán de converterse en directora de orquestra.

cine na rua castro de rei valentina
0.080919981002808