Amigos da Feira organiza unha churrascada de Lume Novo en Castro de Rei
LugoXa | TerraChaXa
A actividade será gratuíta para os socios, que poderán levar un acompañante
19 Xuño 2024
A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei celebrará o venres 21 de xuño, a partir das 22.00 horas, a noite de Lume Novo, unha festa ten como eixo principal unha churrascada no polideportivo de Castro de Rei.
A actividade será gratuíta para os socios, que poderán levar un acompañante pero tamén poden acudir os que o desexen cun custe de 12 euros por persoa. Os nenos maiores de 10 anos pagarán a metade e os menores desa idade será gratuíto.
Para participar haberá que inscribirse ata o 19 de xuño cos membros da asociación nos seguintes establecementos:
- Supermercado Claudio Grueira - 982 31 41 40
- Germán Naval Lage - 982 31 42 70
- Librería Maduca - 982 31 44 23
- Enviando un WhatsApp ao número da asociación: 624 09 92 75.
- Chamando ao 697 82 47 97 (Héctor) ou ao 697 28 72 66 (Adrián).