Amigos da Feira organiza unha churrascada de Lume Novo en Castro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
A actividade será gratuíta para os socios, que poderán levar un acompañante
lume-fogueira-cacharela
19 Jun 2025

A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei celebrará o luns 23 de xuño, a partir das 21.30 horas, a noite de Lume Novo, unha festa ten como eixo principal unha churrascada no polideportivo de Castro de Rei.

A actividade será gratuíta para os socios, que poderán levar un acompañante pero tamén poden acudir os que o desexen cun custe de 12 euros por persoa. Os nenos maiores de 10 anos pagarán a metade e os menores desa idade será gratuíto.

Haberá servizo de bar e animación musical a cargo de Eventec.

Para participar haberá que inscribirse ata o 20 de xuño cos membros da asociación nos seguintes establecementos:

  • Supermercado Claudio Grueira - 982 31 41 40
  • Germán Naval Lage - 982 31 42 70
  • Librería Maduca - 982 31 44 23
⚙ Configurar cookies
0.16713905334473