Amigos da Feira recupera o cine na rúa en Castro de Rei con 'O noso último verán en Escocia'

TerraChaXa | LugoXa
Amigos da Feira de Castro de Rei continúa co programa Cine na Rúa cunha proxección, ás 22.00 horas, verase O noso último verán en Escocia
o noso ultimo veran en escocia
15 sep 2022

A Asociación Amigos da Feira de Castro de Rei recupera co seu programa de Cine na Rúa cunha nova proxección. Este sábado, 17 de setembro, ás 22.00 horas, no campo da feira (no Teleclub se chove) proxectarase O noso último verán en Escocia.

Doug e Abi son dous pais normais que teñen tres fillos encantadores aínda que moi excéntricos. Cando o estrés de ser pais pon en perigo a súa estabilidade mental e o seu matrimonio, deciden realizar unha viaxe a Escocia cos seus fillos. Alí participarán nunha gran reunión familiar e reencontraranse con Gordie, o incriblemente extravagante pai de Doug. Con todo, o que prometían ser unhas vacacións para a reconciliación pronto se converte nun campo de minas non exento de situacións hilarantes no que rancores familiares, malentendidos e egos maltreitos conforman a orde do día. Cando os nenos precipitan un xiro inesperado nos acontecementos, a familia vese obrigada a aparcar as súas diferenzas e a colaborar, pois pola contra corren o risco de perder aquilo que máis aprecian.

0.10547709465027