Amigos da Gaita actúa este domingo en Remourelle

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
25 Xan 2020

As Pandereteiras da asociación Amigos da Gaita actuarán mañá, domingo, pola tarde na escola de Remourelle.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “desde a Concellaría de Cultura seguimos coa música nas parroquias. Continuamos a apostar pola arte ao pé de rúa, coas persoas do noso arredor, aproveitando todos os espazos que temos e debemos conservar, poñendo en valor o noso patrimonio en arquitectura de usos sociais como as escolas e os teleclubs”.

A edil sinalou que “así, rematamos o Ciclo Músicas Comunais nas Parroquias neste trimestre coa actuación das Pandereteiras da Asociación Cultural Amigos da Gaita este domingo, día 26, na escola de Remourelle. Animamos a toda a veciñanza a vir e pasar unha animada tarde de domingo”. A actuación está prevista para as 17:30 horas.

 

0.16204977035522