Amigos da Gaita anuncia o programa da Xira a Santa Cruz de Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
29 Xul 2019

A asociación de Amigos da Gaita de Ribadeo xa dispón do cartel que anuncia a festa da Xira a Santa Cruz. Este colectivo é o organizador dunha cita na que colabora o Concello. Trátase dunha xornada moi tradicional na que os ribadenses adoitan subir andando ao miradoiro da área recreativa homónima para pasar unha xeira campestre cada primeiro fin de semana de agosto, con comidas no campo e música tradicional galega.
Ás seis da tarde ten lugar o ofrenda no monumento ao gaiteiro precisamente o Día da Gaita, polo que os sons tradicionais e a invitación a grupos folclóricos de Asturias e Galicia nomeadamente é o acostumado.

0.094133853912354