Amigos da Madeira organiza unha nova xornada de portas aAbertas coa madeira nas Pontes

O sábado 7 de xuño, o local Sociocultural da Fraga, coñecido como Héxagono, será o escenario dunha nova edición da xornada de portas abertas coa madeira, organizada pola Asociación de Amigos da Madeira das Pontes en colaboración co Concello.
A actividade desenvolverase en horario de mañá e tarde, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, e permitirá achegarse ao mundo da madeira e ao traballo artesanal a través de demostracións en vivo, exposicións de pezas e explicacións por parte dos propios artesáns.
Esta xornada busca dar visibilidade ao labor da asociación e poñer en valor a madeira como material de creación, tradición e sustentabilidade. Desde a organización animan a toda a veciñanza a achegarse para desfrutar dunha experiencia única e participar nun día de convivencia arredor da madeira.