Amigos das viaxes irá en decembro por Cuenca e Madrid

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
10 Nov 2019

A asociación focense Amigos das Viaxes de Foz, cuxo portavoz é Jaime Cancio, informa da súa vindeira excursión mentres comparte as fotografías das máis recentes, como foi a viaxe por Sanabria, Verín e a Festa da Castaña de Riós, na que participaron cen persoas. A seguinte saída está programada para os días que van do 5 ao 8 de decembro, onde visitarán Madrid e Cuenca e aproveitarán para ver o espectáculo do Circo do Sol.

O importe desta viaxe é de 310 euros, aínda que serán 355 para os que vaian con entrada para o Circo du Soleil.

Sairán o día 5 de decembro á partir das 14.30 de Burela e irán recollendo a máis excursionistas por Cangas, Nois, Fazouro, Foz e O Asador, ata chegar ás 16.40 a Lugo.

A viaxe inclúe aloxamento nun hotel de catro estrelas en Alcobendas, entradas ao circo, visitas guiadas por Madrid, Cuenca e Valladolid, regreso en Avant para o traxecto Madrid-Valladolid e tamén a posibilidade de asistir a outros espectáculos como o de Rey León, por máis de 310 euros, ou Anastasia, por unha cantidade case igual.

Para anotarse convén chamar a Jaime Cancio ao teléfono 609 822 649 porque as prazas son ademais limitadas, 110 concretamente.

Nas viaxes máis recentes realizadas puideron ver entre outras cousas o Lago de Sanabria e o Castelo de Monterre de Verin.

 

0.038728952407837