Amigos do Miño organiza unha xornada técnica de montaxe de moscas

TerraChaXa | LugoXa
A Asociación Deportiva Cultural Amigos do Miño de Ponte de Outeiro, Castro de Rei, comeza o ano con novas propostas de actividades.
xornadas pesca mosca montaxe ponte outeiro portada
xornadas pesca mosca montaxe ponte outeiro portada
9 Feb 2023

A Asociación Deportiva Cultural Amigos do Miño de Ponte de Outeiro, Castro de Rei, comeza o ano con novas propostas de actividades.

De inicio está convocada unha xornada técnica de montaxe de moscas para a pesca, na que entre todos farán as mellores moscas, falarán das distintas técnicas de montaxe, solucionaranse problemas, resolverán dúbidas etc...

Esta sesión terá lugar o 26 de febreiro, domingo, entre as 10.00 e as 19.00 horas no teleclub da Ponte de Outeiro. A participación é libre e gratuíta.

Aquelas persoas que queira participar no xantar deberán abonar 25 euros e reservar no teléfono 619 703 373.

xornadas pesca mosca montaxe ponte outeiro
0.15904593467712