Amigos do Miño recolleu o lixo do río para a inauguración da tempada de pesca

TerraChaXa | LugoXa
Doce membros da asociación Amigos do Miño preparon nos últimos días os dous coutos de pesca que supervisan para o comezo da tempada.
recollida lixo amigos do mino castro
25 Mar 2021

Doce membros da asociación Amigos do Miño prepararon nos últimos días os dous coutos de pesca que supervisan para o comezo da tempada, que tivo a xornada inaugural o pasado domingo.

Deste xeito, os socios do colectivo de Castro de Rei retiraron restos de lixo do leito, tras a intervención no río executada pola Confederación Hidrográfica Miño Sil, que deixou ao descuberto diversos residuos.

A asociación agradeceu a limpeza realizada polo organismo, que se centrou en retirar restos de árbores e maleza do leito fluvial que dificultaban a circulación da auga.

Os membros do couto, tamén continuarán co proceso de habilitación de pasarelas peonís para facilitar o acceso dos pescadores aos cotos, salvando diversos regachos, unha tarefa que complementou o desbroce duns 20 quilómetros de ribeira realizado en actuacións previas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19352197647095