Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza un roteiro por Guitiriz

TerraChaXa
Amigos do Patrimonio de Castroverde organiza un roteiro por Guitiriz. Visitaranse os lugares máis significativos vinculados ao Díaz Castro
xose diaz castro poeta
31 Ago 2021

A Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde prepara un roteiro para o sábado 18 de setembro por Guitiriz. O punto de xuntanza será ás 9.00 horas na praza de Castroverde e seguirá ás 9.20 horas na gasoliñeira do Carqueixo para así ás 10.00 horas comezar a camiñada.

Visitaranse os lugares máis significativos vinculados ao poeta Díaz Castro e tamén os Calvarios de Os Vilares e o de Buriz.
Dende a organización pregán a confirmación  dá asistencia antes do día 12 de setembro no 659 523 960 ou por correo electrónico a amigospatrimoniodecastroverde@gmail.com.

Haberá un límite de 24 prazas e terán preferencia os socios. Ademais contarán cun xantar nun lugar o máis axeitado posible. O prezo desta excursión é de 30 euros e o percorrido duns 10 quilómetros.

0.18256306648254