Amigus organiza un Breakout tecnolóxico esta semana nas Pontes

TerraChaXa
A asociación informática das Pontes Amigus organiza unha sesión de Breakout Tecnolóxico os días 26 e 27 de agosto no Lar de Endesa.
breakout tecnoloxico as pontes
22 Ago 2021

A asociación informática das Pontes Amigus organiza unha sesión de Breakout Tecnolóxico os días 26 e 27 de agosto no Lar de Endesa en horario de mañá.

Breakout tecnolóxico é unha actividade na que se enfronta aos participantes a unha serie de probas de maneira consecutiva. Han de resolver unha proba para conseguir unha pista que lles permita pasar á seguinte, e así sucesivamente, ata chegar a obter o resultado final que se buscaba: unha chave para abrir unha porta e escapar dun confinamento, ou un código que desactiva unha bomba,…

Algunhas das probas do breakout tecnolóxico resólvanse por medio de videoxogos, deseño 3D, robótica ou realidade aumentada.

Para permitir que todos os/ as participantes teñan os coñecemento precisos para poder sacar adiante as probas, antes de afronta o breakout realizarase unha formación sobre as tecnoloxías involucradas posteriormente no mesmo.

Breakout Tecnolóxico é unha actividade conxunta, na que participan os pais e nais coas fillas e fillos. A idade das nenas/os será a partir de 8 anos. Cada equipo será máximo de 3 persoas.

A Asociación Informática Amigus proporcionará todo o material para realizar o obradoiro.

O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.

No caso de ter praza e non poder asistir prégase informar o antes posible para poder cubrir a praza coas seguintes persoas na lista de espera no email amigus@amigus.org ou euroeume@euroeume.org.

0.17966604232788