Amigus organiza un novo curso de robótica o día 2 nas Pontes
O colectivo Amigus Lab organiza un curso de robótica cos kit de mbot2. Terá lugar no local da Praza do Hospital, 14 o vindeiro 2 de decembro de 10:30 a 13:30.
Está dirixido á mocidade entre 8 e 14 anos e a inscrición ten que facerse antes do 27 de novembro neste enlace.
A robótica coma outras tecnoloxías, é unha gran ferramenta educativa que, utilizada axeitadamente, potencia habilidades como a matemática e a tecnolóxica, a capacidade de aprender a aprender, a capacidade no tratamento da información dixital ou iniciativa persoal. Tamén estimula a creatividade e aumenta a curiosidade e desexo de crear e construír ideas ou solucións a problemas que enfrontan os estudantes.
mbot2 : é un kit educativo, ideal para a robótica, programación e electrónica. Pode evitar obstáculos, seguir liñas negras, controlarse por medio dun mando programable, conectarse a un móbil mediante unha aplicación de balde coa que podrá controlar, programar e se comunicar con outros robots.
O obxectivo do obradoiro é fomenta-lo interese e o achegamento dos nenos de xeito lúdico ó mundo da robótica e a programación, descubrir a linguaxe de bloques, as matemáticas, as ciencias e a tecnoloxía dun xeito divertido e colaborativo.
O obxectivo principal é desenvolver o pensamento computacional no alumnado motivado pola execución de ordes nalgo físico como é o robot.