Ampla participación en Robra na VF Challenge MR Outeiro II de motociclismo
A VF Challenge MR Outeiro II de motociclismo rematou esta fin de semana no circuíto de Robra cunha ampla participación.
Na categoría de GP Sport, el gañador da modalidade de dous tempos foi José Luis González, ao que seguiu Salvador Dafonte. En catro tempos o gañador foi Marcos Díaz, por diante de Hugo Rodríguez e Txas Lago.
Na categoría de Minimotard 190 o gañador foi Maikel Diéguez, colocándose en segundo lugar Daniel Gantes. Ademais, en 160 foron Javier Acebedo, Javier Rubio e José Luis González os primeiros clasificados.
Fran da Silva foi o vencedor en Mini GP 110, mentres que segundo foi Martim Simao e a terceira foi para Jorge Bautista. En 160 a vitoria foi para Óscar Pena, que superou a Joao Cancelinha.
En Minimotard o podio estivo formado por Martín Portela, no máis alto, e Joao Cancelinha e Unai Pérez.
Na proba de Minimotos gañou Martín Portela, por diante de André Lago e Luca Piñeiro.
Finalmente, en Supermoto Miguel Ángel Fernández levouse o primeiro premio nas dúas mangas. Na primeira tamén venceu Alejandro Blanco e José Ucha, e na segundo intercambiaron posicións.