Amplían o curso sobre astrofografía de Muras cun obradoiro de proceso das imaxes

TerraChaXa
O sábado 14 de marzo a Asociación de Fotografía Ferrolterra realizará un taller de astrofotografía avanzada, que complementará ao xa realizado este mes, que terá como obxectivo aprender a procesar as fotos das estrelas.
IMG 20200303 WA0001
11 Mar 2020

O sábado 14 de marzo a Asociación de Fotografía Ferrolterra realizará un taller de astrofotografía avanzada, que complementará ao xa realizado este mes, que terá como obxectivo aprender a procesar as fotos das estrelas. O obradoiro estará impartido por Raúl Villaverde e conta coa colaboración do Concello de Muras, que está en trámites de solicitar o selo Starlight.

A localización exacta para quedar confirmarase por Whastsapp ou Facebook, a hora será ás 16:00 para comezar a clase teórica. Unha vez rematada, ata as 20.00 horas haberá cea nun restaurante dos arredores tamén por concretar.

O prezo do obradoiro é de 50 euros (os socios de Ferrolterra Fotografía un 50% menos) e hai 20 prazas. É necesario reservar para cear e para o curso no teléfono 646 868 699.

O obradoiro versará sobre o proceso de fotografías usando o programa Pixinsight, así como xestión de fotos lineais e calibrados, todo isto para obter resultados profesionais.

0.23171496391296