Amplían o horario de peche para o resto da hostalaría

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O comité clínico que asesora á Xunta aceptou a proposta de que bares de tapas e cafeterías que ofrezan comidas, poidan abrir ata a unha.
terrazas bares hostalaria
21 Maio 2021

O comité clínico que asesora á Xunta sobre a crise do coronavirus aceptou a proposta de que bares de tapas e cafeterías, sen licenza de restaurante pero que ofrezan comidas, poidan atender ao público ata a 1 da madrugada.

Ata o de agora, este horario só tíñano concedido os locais de hostalaría con licenza de restaurante, o que primeiro lles facilitou abrir ata as 23 horas e, tras o levantamento do toque de queda, ata a 1 da madrugada.

Este acordo entra en vigor a partir da medianoite do sábado. Este locais teñen a obriga de seguir as mesmas obrigas que nos restaurantes, como o medidor de CO2 e rexistro de clientes, así como a cita previa e a reserva.

Polo de pronto, o comité descarta a posibilidade de permitir prescindir da máscara en espazos públicos, mentres non aumente a inmunización da poboación.

0.072648048400879