Amplíase o servizo de conciliación do CEIP Virxe do Corpiño de Begonte

TerraChaXa
O Concello de Begonte ampliou o servizo de conciliación do CEIP Virxe do Corpiño, que adiantará o seu horario para favorecer a axuda familiar.
virxe do corpino begonte
4 Maio 2021

O Concello de Begonte ampliou o servizo de conciliación do CEIP Virxe do Corpiño, que adiantará o seu horario para favorecer a axuda familiar.

Así, polas mañás será de 8.00 ou 7.45 horas segundo as necesidades familiares, e ofrecerá tamén o servizo de tarde a partir das 16.00 horas que é cando remata a xornada lectiva.

Esta ampliación entrará en vigor no próximo curso escolar, tal e como avanzaron dende o centro, no que se están a realizar unha serie de melloras para ampliar a súa capacidade de alumnado.

0.19799399375916