Amuraxe celebra o xoves o segundo dos obradoiros de autocoidado

TerraChaXa
Será no antigo Sindicato de Xermade entre as 16.00 e as 20.00 horas
asociacion-mulleres-rurais-amuraxe
18 Nov 2024

A Asociación de Mulleres Rurais Amuraxe celebrará o día 21 o segundo dos obradoiros gratuítos organizados este mes e dirixidos ao benestar e coidado persoal das mulleres da comarca. Estas actividades, que contan co apoio da Deputación de Lugo e da Asociación de Mulleres Empresarias, celebraranse no local da asociación, no antigo Sindicato de Xermade.

O primeiro obradoiro estivo centrado na automasaxe. As asistentes aprenderon técnicas de automasaxe para fomentar a relaxación, a drenaxe linfática e o rexuvenecemento facial, entre outros beneficios.

Este segundo obradoiro, programado para o xoves 21, de 16:00 a 19:00 horas, estará dedicado á aromaterapia. Neste taller, utilizaranse técnicas de artes plásticas como pintura e debuxo, empregadas como ferramentas de comunicación e expresión para mellorar a saúde mental e o benestar emocional e social das persoas participantes.

As interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 651 66 25 83 (Verónica). Esta é unha excelente oportunidade para as mulleres da zona que desexen aprender novas técnicas de coidado persoal e autocoñecemento nun ambiente de colaboración e apoio mutuo.

0.19121909141541