O colectivo Amuraxe organiza varios cursos para esta tempada

TerraChaXa
A Asociación de Mulleres Rurais Amuraxe de Xermade inicia en outubro numerosos cursos dirixidos á veciñanza.
clases-pilates-maiores-vegadeo-portada
27 sep 2023

A Asociación de Mulleres Rurais Amuraxe de Xermade inicia en outubro numerosos cursos dirixidos á veciñanza. Así, haberá, un curso de pilates, que se desenvolverá os xoves de 11.00 a 12.00 horas cun prezo de 20 euros ao mes, sendo o primeiro mes gratis para os socios.

Tamén se iniciará outro de manualidades, que será os venres de 20.30 a 10.00 horas no sindicato de Xermade e un curso de zumba os luns, de 19.45 a 20.30 horas, no polideportivo de Xermade. Ambos cursos terán un prezo de 15 ou 20 euros ao mes dependendo do número de alumnos.

Haberá, a maiores, descontos no balneario, tardes de lecer todos os xoves ás 16.00 horas e unha comida de magosto, aínda sen confirmar data de celebración.

O día 21 de outubro haberá un campeonato de tute ás 21.00 horas.

Todo aquel que queira asistir a estas actividades, ten que anotarse nos teléfonos de Vero (651 662 583) e Lola (659 511 942).

0.14388108253479