Amuraxe organiza dous obradoiros de automasaxe e aromaterapia

TerraChaXa
Celebraranse no local da asociación, no antigo Sindicato de Xermade, os días 8 e 21 de novembro
asociacion-mulleres-rurais-amuraxe
7 Nov 2024

A Asociación de Mulleres Rurais Amuraxe está a preparar dous obradoiros gratuítos dirixidos ao benestar e coidado persoal das mulleres da comarca. Estas actividades, que contan co apoio da Deputación de Lugo e da Asociación de Mulleres Empresarias, celebraranse no local da asociación, no antigo Sindicato de Xermade.

O primeiro obradoiro, que terá lugar o día 8 de novembro de 18:00 a 20:00 horas, estará centrado na automasaxe. As asistentes aprenderán técnicas de automasaxe para fomentar a relaxación, o drenaxe linfático e o rexuvenecemento facial, entre outros beneficios.

O segundo obradoiro, programado para o 21 de novembro de 16:00 a 19:00 horas, estará dedicado á aromaterapia. Neste taller, utilizaranse técnicas de artes plásticas como pintura e debuxo, empregadas como ferramentas de comunicación e expresión para mellorar a saúde mental e o benestar emocional e social das persoas participantes.

As interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 651 66 25 83 (Verónica). Esta é unha excelente oportunidade para as mulleres da zona que desexen aprender novas técnicas de coidado persoal e autocoñecemento nun ambiente de colaboración e apoio mutuo.

MAGOSTO

O colectivo celebra tamén este sábado, día 9, ás 14.00 horas o seu magosto no Sindicato. Consistirá nun xantar con callos, tenreira asada, sobremesa, bebida e castañas.

O prazo de inscrición xa está pechado.

0.17339587211609