Amuruxe comeza o curso este venres cunha actividade infantil
TerraChaXa
Contará tamén cunha charla sobre cancro e diabetes o día 28
13 sep 2024
O colectivo Amuruxe, de Saldanxe, na Pastoriza, inicia o curso con dúas actividadades.
A primeira terá lugar hoxe, venres 13, ás 18.00 horas, unha actividade audiovisual para os nenos e nenas que xirará sobre as emocións.
Ao finalizar haberá unha merenda.
Para os adultos está prevista outra acción o 28 de setembro, tamén ás 18.00 horas. Trátase dunha charla sobre o cancro e a diabetes a cargo de Marián Pérez e José Manuel Vázquez.
As dúas actividades son gratuítas con prioridade para as socias. Hai que confirmar asistencia coa directiva ou por email no amuruxe@gmail.com.