Amuruxe, en Saldanxe, celebra este venres o seu primeiro aniversario

A asociación Amuruxe de Saldanxe, na Pastoriza, organiza co motivo do seu primeiro aniversario a Festa do Mandilón, en homenaxe ás avoas.
O acto terá lugar na Escola de Saldanxe, este venres, 1 de agosto, ás 21.30 horas. Tanto os socios como os rapaces irán de balde e, o que queira levar un acompañante, deberá pagar un prezo de 5 euros. Haberá un picote e música a cargo de Dj Lili Cleta.
Paralelamente á feira, terá lugar o segundo concurso de fotografía de Amuraxe dos mandilóns. O único requisito será levar unha prenda destas na fotografía.