Amuruxe, en Saldanxe, celebra o seu 1º Aniversario

TerraChaXa
Organizan polo tanto a Festa do Mandilón, en homenaxe ás avoas, e un concurso de fotografía
festa-do-mandilon
21 Jul 2025

A asociación Amuruxe de Saldanxe, na Pastoriza, organiza co motivo do seu primeiro aniversario a Festa do Mandilón, en homenaxe ás avoas.

O acto terá lugar na Escola de Saldanxe, o día 1 de agosto ás 21.30 horas. Tanto os socios como os rapaces irán de balde e, o que queira levar un acompañante, deberá pagar un prezo de 5 euros. Haberá un picote e música a cargo de Dj Lili Cleta.

Paralelamente á feira, terá lugar o segundo concurso de fotografía de Amuraxe dos mandilóns. O único requisito será levar unha prenda destas na fotografía.

O prazo para presentarse remata o 28 de xullo e a entrega de premios terá lugar na propia festa do día 1.

⚙ Configurar cookies
0.19262599945068