Amuruxe organiza unha ruta polo Bierzo o 21 de xuño con visitas, cata de viños e cultura

A asociación Amuruxe propón unha xornada inesquecible polo Bierzo o vindeiro 21 de xuño, cunha completa excursión que combina lecer, cultura e enogastronomía. A saída está prevista ás 8:30 horas desde a Escola de Saldanxe.
O prezo da actividade é de 50 euros para persoas socias, 55 euros para non socias e 30 euros para nenos e nenas, tendo prioridade as socias no momento da inscrición. O pago debe realizarse antes do 11 de xuño, podendo facerse directamente coa directiva de Amuruxe ou mediante transferencia bancaria.
A ruta inclúe viaxe en autobús con parada para tomar café. Un dos momentos destacados será a visita á Bodega Losada, Vinos de Finca en Cacabelos, onde os asistentes poderán desfrutar dunha cata de dous viños acompañada dun picoteo. Posteriormente, a expedición visitará o fermoso pobo de Molinaseca, onde terá lugar o xantar. Para rematar a xornada, realizarase unha visita ao emblemático Castelo dos Templarios de Ponferrada.