Ana Cabana fala sobre as mulleres do franquismo nunha charla en Vilalba

TerraChaXa
Será o venres 24 de maio ás 20:00 horas na casa da cultura
cartel-conferencia-ana-cabana
Cartel do evento
21 Maio 2024

O venres 24 de maio de 2024 ás 20:00 horas na casa da cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, organiza a conferencia A muller rural na época do franquismo, que será impartida por Ana Cabana Iglesia, profesora da USC e escritora. Presentará o acto Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

Ana Cabana Iglesia (Castro de Rei, Lugo) é profesora titular do Departamento de Historia. Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (Premio Extraordinario de Doutoramento, 2006). Docente da área de Historia Contemporánea no Campus de Lugo da USC desde 2003. Membro do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) e do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC.
Realizou estadías en diversos centros de investigación como a Universidade Nova de Lisboa, o Cañada Blanch Centre for Contemporary Spanish Studies (London School of Economics and Political Science (Londres), a Universidade Autónoma de Madrid e a Universidade Pablo de Olavide de Sevilla.

As súas liñas de investigación prioritarias son o estudo das actitudes sociais durante a ditadura franquista, a análise da conflitividade rural durante o franquismo e a transición á democracia e a historia das mulleres e do xénero aplicada á sociedade rural do século XX.

0.12637805938721